Actividades indoor
BIKE I-II
Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento dun traballo cardiovascular a través dunha bicicleta de deseño especial, sendo dirixida por un instrutor.
BODY FLEX
¿Perdiches a harmonía ao respirar cando fas un movemento? Esta actividade é perfecta para recuperala. Fundaméntase nos principios do Ioga, Tai Chi, e o método Pilates, entre outras técnicas de relaxación.
FITPOWER
Clase de tonificación muscular intensa na que se traballan todos os grupos musculares con cargas moderadas mediante o uso de step e barras.
Poderiamos dicir que é a sala de pesas levada ás clases dirixidas.
Recomendado para aquelas persoas que buscan unha tonificación máis intensa.
FIT PILATES
Reforza e tonifica os músculos, dá mobilidade ás articulacións e traballa o corpo desde a musculatura máis profunda. Os seus principios son:
- Respiración -Fluidez -Precisión -Control -Aliñación.
STEP, LATINOS, AEROBIC
Divertida forma de exercitarse a través de secuencias coreográficas que combinan diversos xéneros musicais.
G.A.P
Clase de tonificación muscular específica para o traballo de glúteos, abdominais e pernas.
Recomendado para quen busca un traballo máis específico nestas zonas.
BODYBOX
Combinación de exercicio físico con artes marciais como Kick Boxing, Karate ou Taekwondo.
Actividade aeróbica entrenida con coreografías a base de puños e patadas.
AQUAFIT
O fitness acuático ofrece eficiencia, seguridade e diversión, adaptándose a calquera nivel de intensidade.
Permite traballar en grupo indo cada un ao seu ritmo. Axuda aos deportistas lesionados a manter a forma na súa recuperación.
A resistencia da auga facilita a práctica de exercicios tanto suaves como intensos.